el contenedor de rafa

19/01/2012

Código de boas prácticas do xornalismo dixital

prazapublica:

Queremos redactar un código ético para o xornalismo dixital no que figuren, ademais das cuestións deontolóxicas, éticas e metodolóxicas propias do exercicio do xornalismo escrito, aspectos específico relacionados coa publicidade online, os links hipertextuais, a manipulación de imaxes, o copyright e as licencias libres, a conversa social, e a privacidade.

Queremos facelo, porque así o permite e o obriga a rede, de maneira colaborativa e horizontal, porque a relación entre xornalistas e lectores, entre o medio e a cidadanía, baséase na confianza e porque boa parte da desconexión que hoxe se advirte entre os destinatarios da información parte das malas prácticas exercidas polos medios, pola laxitude na aplicación da deontoloxía do xornalismo, que nos medios dixitais non é moi distinta da dos medios impresos, pero si ten elementos singulares, novas dificultades e tamén posibilidades engadidas.

Empregamos como base algúns textos deontolóxicos xa en funcionamento, aprobados pola FAPE, o Colexio de Xornalistas, ou por algúns medios, coma The New York Times, The Guardian, LaInformación ou Vilaweb. Pero queremos que este texto se vaia complementando con todas as achegas, correccións e propostas de quen queira facelas. É pois un código en código aberto.

Read More